Vigo al minuto

Este venres, ábrese o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantis Municipais

O período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás escolas infantís municipais –de 0 a 3 anos- o curso 2014-2015, comeza o venres, 14 de marzo, e remata o 4 de abril de 2014. A Rede de Escolas Infantis Municipais (EIM) está integrada por un total de seis equipamentos, que poden escolarizar aproximadamente a preto de 500 nenos para o vindeiro curso.

Os requisitos específicos para ser adxudicatario/a de praza nas EIM son os seguintes: que a/o nena/o teña a súa residencia en Vigo e teña nacido antes do 21 de maio de 2014, ter unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso e non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2014

As escolas teñen un horario contínuo de 7 e media da mañá a 8 da tarde e, ao longo do mesmo, os nenos permanecerán un mínimo de 4 horas e un máximo de 8 horas.

Os interesados poderán solicitar praza a través do formulario normalizado de solicitude que pode ser recollido no Servizo Municipal de Educación, nas propias EIM, premendo aquí, ou ser descargado nas páxinas webs municipais: www.vigo.org e www.escolasvigo.org.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.