Vigo al minuto

Seguen os roteiros polas Illas Atlánticas

A Consellería de Medio Ambiente, organiza dúas novas rutas guiadas gratuítas aos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas baixo o lema ‘Unha viaxe non tempo’ e ‘Sálvora, illa de esculturas e lendas’.

Con este programa de visitas preténdese animar os cidadáns a coñecer os valores destes enclaves naturais fóra da tempada de verán, unha época de menor afluencia, e na que se descobren os seus valores dende outro punto de vista.

A primeira das actividades, ‘Unha viaxe non tempo’ terá é este domingo, día 9 de marzo, e o destino é o arquipélago das Cíes. Trátase dunha ruta lineal de 2,6 quilómetros, na que poderán participar un máximo de 40 persoas, divididas en dous grupos.

A nova ruta será á Isla de Sálvora o próximo domingo, día 16 de marzo, na que se percorrerán cinco quilómetros lineais. Nela poderán participar 11 persoas, ampliable a 22 segundo a demanda. O custo desta é de 10 € por persoa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.