Cultura Vigo al minuto

A voz de Carlos Casares guiará unha ruta literaria por lugares da súa vida e obra

A voz de Carlos Casares, falecido hai 12 anos, guiará unha ruta literaria por lugares da cidade de Ourense e Castro de Beiro relacionados coa súa vida e obras, grazas á reprodución de discursos e lecturas que poderán escoitarse mediante códigos QR en cada placa señalizadoras, enlazados a unha páxina de Internet.

O percorrido proxectado iníciase no soar onde antes estaba o hotel Parque e onde Casares coñeceu e participou no faladoiro de Vicente Risco, para seguir cunha segunda placa, tamén no ámbito do parque de San Lázaro, segundo detallou Monxardín, cunha placa sobre o actual edificio onde antes estivo a casa natal de Carlos Casares.

Os textos que acompañarán ao inicio do percorrido son do libro ‘Un país de palabras’ e outro publicado no xornal local por Casares sobre unha viaxe a Suecia en 1972, no que fala do seu ámbito familiar.

O edificio da Torre de Ourense será a terceira parada para aludir á biografía de Casares sobre Curros Enríquez en ‘Os escuros soños de Clío’, obra que Monxardín sitúa entre o realismo máxico e a historia inventada asociados habitualmente a Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.