Vigo al minuto

O BNG presentará unha moción para que os 40 pisos de Rosalía sexan para “usos sociais”

O BNG presentará no vindeiro Pleno unha moción para que os 40 pisos de propiedade municipal de República Arxentina- os populares pisos de Rosalía- se dediquen a “usos sociais”. A voceira do Bloque lembrou que PP e PSOE chegaron a un acordo para “mal vender” estos pisos para pagar os terreos da Cidade da Xustiza,acordo que irá este venres á Xerencia de Urbanismo, organismo no que os nacionalistas anunciaron o seu voto en contra.

Iolanda Veloso lembrou que o alcalde, en marzo de 2009, nunha xuntanza co xuiz decano, anunciou que en 18 meses estarían expropiados os terreos para a Cidade da Xustiza e desbotos, por lento” o procedemento de intercambio cos propietarios dos terreos para a sede xudicial. Veloso salientou que a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo asegurou que os pisos serían “para uso dos vigueses”, algo do que, indicou, “semella que esquenceuse”.

A voceia nacionalista lembrou que o ano pasado 530 familias viguesas foron desafiuzadas pola imposibilidade para pagar a súa vivenda, “na maioría dos casos, os alugueiros” e afirmou que esta cantidade duplica os alzamentos do ano 2008.

 

También te puede interesar