Cultura

Aberta en Lalín a mostra ‘106 anos de Laxeiro’

A mostra ‘106 anos de Laxeiro’, na que se homenaxea o pintor, foi inaugurada este sábado polo conselleiro de Cultura, no marco da XLVI Feira do Cocido.

Esta exposición reúne un total de 22 obras de Laxeiro da colección da familia Alcalde-Varela realizadas en diferentes técnicas -como óleos, acuarelas, tintas e lapis- nas que aborda temáticas como a visión da infancia, a maternidade, as celebración festivas e diversas cuestións populares galegas.

Con motivo da coincidencia da efeméride do nacemento de Laxeiro e a celebración do día grande da Feira do Cocido de Lalín abriuse esta exposición, ‘106 anos de Laxeiro, 23-F-1908/23-F-2014’ coa colaboración da familia Alcalde-Varela e o artista plástico Antón Lamazares.

O conselleiro subliñou a importancia de Laxeiro, que «nutre con elementos valiosísimos a identidade de Galicia. Na obra de Laxeiro atopamos unha visión maxistral dos trazos comúns das persoas da nosa vida cotiá», destacou.

Esta exposición poderá ser visitada ata o próximo 24 de marzo no Castro Tecnolóxico de Lalín.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.