Galicia

As mulleres galegas cobran un 23,3% menos que os homes e, ademáis son as peor pagadas de todo o Estado

As mulleres galegas cobran un 23,3% menos que os homes e teñen os salarios máis baixos, por hora de traballo, de todo o Estado, segundo datos feitos públicos por UGT. En concreto, o salario medio anual medio das mulleres galegas foi, en 2012, de 17.737 € ao ano, fronte aos 19.865 dos homes.

Esta diferencia salarial é a norma na totalidade das comunidades do Estado pero, no caso de Galicia, as nóminas das traballadoras foron 645 € inferiores que a media do resto. Segundo o ‘Informe sobre desigualdade salarial por sexos en Galicia’, o que cobran as mulleres por hora non chega aos 11,4 € fronte aos 13,12 € da media estatal.

O estudo subliña que en todas as ramas e sectores elas cobran menos que os homes, unha diferencia que é ainda máis grande no caso dos contratos indefinidos.

 

También te puede interesar