RGPD - Cookies
Sucesos

Morre un mariñeiro logo de afundir o pesqueiro no que traballaba fronte a Oleiro

Un mariñeiro morreu e outro está ingresado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) logo de afundirse o seu barco, ‘Nuevo Sara’ fronte a illa de A Marola, en Oleiros. Segundo Salvamento, o accidente produciuse pasadas as 2 da tarde, a esa hora o ‘Carlis’ deu aviso de que o ‘Nuevo Sara’ afundía.

Axiña, mobilizárose a ‘Salvamar Mirfak’ e o helicóptero ‘Helimer 209’, ademáis da patrulleira da Garda Civil ‘Río Andarax’. Pouco despois a ‘Solla’ avisou de que estaba ao costado do pesqueiro e que rescatara a os dois tripulantes.

Aa ‘Salvamar Mirfak’ trasladounos á Oza, onde agardaban xa os servizos médicos que certificaron a morte dun dos homes e trasladaron ao outro ao hospital.

Preto das 3 e media da tarde, a patrulleira ‘Río Andarax’ informou que os pesquero afundira mentres que o ‘SAR Gavia’, que tamén foi mobilizado, comunicou que non había na zona nin contaminación nin restos do naufraxio.

 

También te puede interesar