Vigo al minuto

A Plataforma en Defensa do Ensino Público comenza unha acción en contra dos cambios nos libros de texto nos centros escolares

Dentro da campaña contra a lei educativa LOMCE, a Plataforma en Defensa do Ensino Público en Vigo anunciou a súa primeira acción que atende ao cambio dos libros de textos para o próximo curso escolar. Colectivos como FAPA ou diversos sindicatos de estudiantes, Escola Viva e Iesg, únense en resistencia contra a nova lei de calidade do ensino do ministro Wert.

A campaña de información rexeita os cambios nos libros de texto considerando que “os novos curriculos non son de contido, senón por motivos ideolóxicos” engadiu a representante da Plataforma, Paula Estévez.  A iniciativa levada a cabo en claustros, consellos escolares e municipais, quere frear a posta en marcha deste proxecto que comezaría en setembro. Os cursos afectados corresponden a 1º, 3º e 5º de primaria, xunto a 1º de FP Básico. A entrada dos novos exemplares acarrea a maiores problemas operativos nas editoriais para poder confeccionar os tomos para a data sinalada.

Ante a dificultade das familias para asumir os custos do materiais, a plataforma propón que se rexeite o cambio considerando que os actuais libros son perfectamente válidos durante un mínimo de seis anos dende o curso que foron adquiridos. Quérese potenciar o banco de libros existente nos centros educativos para que o alumnado poda acceder ao empréstito, intercambio e reutilización.

A plataforma ademais, deu a coñecer o decálogo a favor da defensa polo Ensino Público de carácter solidario e equitativo. Entre os seus principios destacan a negociación real da normativa, que polo momento soamente se coñecen borradores do decreto. Independientemente das condicións económicas familiares, requiren a creación dunha rede de comedores públicos e a dotación dun sistema complementario de becas.

No comunicado rexeitan o financiamento con diñeiro público a centros que segreguen o alumnado por sexo, soliticitando o fomento da participación democrática de mestres e familiares na comunidade educativa. No texto engádese a eliminación das probas de diagnóstico que os alumnos realizarían en 3º e 6º de primaria. De igual modo demandan que as probas externas na ESO sexan realizadas por mestres do ensino público e non por empresas externas.

En canto as aulas, piden a reducción das rateos que aglutina a 30 alumnos por aula, “ é imposible dar una educación de calidade e personalizada a cada alumno”, declara Paula. A dotación de recursos humanos e de novas tecnoloxías da información, como a gratuidade dos libros son outros puntos recollidos no decálogo. Un documento que como se recolle no artigo 27.4. da Constitución Española “o ensino básico é obrigatorio e público”. As medidas da actual lei de educación afectarían a 230 escolas públicas e 80 concertadas na comarca de Vigo.

También te puede interesar