Galicia

A costa, de novo, en alerta vermella este sábado, no que se agarda más choiva e ventos fortes

O litoral estará este sábado, de novo, en alerta vermella por ondas de 8 a 11 metros de altura e toda Galicia en alerta amarela por ventos superiores aos 80 quilómetros por hora.

Así o recolle o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, que sinala que durante a madrugada haberá fortes ventos e chuvias intensas en Galicia a causa da borrasca da noite anterior.

Durante o día, as alertas quedarán no mar, de novo con ondas superiores aos 8 metros a partir do mediodía. Deste modo, o aviso será laranxa na Mariña lucense entre as 6 e as 12 da mañá, por ondas de 5 a 8 metros e a mediodía pasará a vermello por ondas de 8 a 9 metros.

Tamén no litoral da Coruña o aviso será laranxa ata as 9, tras o que se elevará a vermello por ondas de 9 a 11 metros de altura. Mentres, na costa pontevedresa o avisou será amarelo ata as 3 da maña, cando se elevará a laranxa por ondas de 5 a 8 metros de altura e ao mediodía pasará a vermello por ondas de 8 a 10 metros.

Ademais, toda Galicia estará en alerta amarela por ventos superiores aos 80 quilómetros por hora ata as 6 da maña, mentres que na provincia de Pontevedra o aviso será laranxa por momentos superiores aos 100 quilómetros por hora.

 

También te puede interesar