Vigo al minuto

7.039 personas agardan para operarse en Vigo, 33.058 para ver ao especialista e medra o tempo de espera

7.039 pacientes- 1.000 máis que o ano pasado- están á espera dunha intervención cirúrxica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)– á marxe dos que renunciaron ou aprazaron unha operación por iniciativa persoal-, segundo os datos presentados este venres polo xerente do mesmo.

Mario González, asegurou que, contando coa lista de agarda non estructural, produciuse un descenso na mesma do 6% -algo difícil de entender considerando que a finais de 2012 había na lista 6.000 personas-. O xerente salientou o que calificou de “excelente ratio” de indicador de entrada-saída do Chuvi, do 0,94 –ou, o que é o mesmo, que de cada 94 que ingresaron sairon 100-.

A espera media en 2013 para unha operación na área de Vigo- á marxe dos datos de Povisa- é de 95,5 días- preto de 30 maís que hai un ano, no que estaba por baixo dos 70-; un prazo que tamén aumentou no que se refire aos paciente máis graves- de prioridade 1- pasando de 14 días en 2012 a 23 días en 2013.

González informou de que o ano pasado producíronse no Chuvi case 40.000 ingresos, que nese período realizáronse 35.757 intervencións cirúrxicas -case 3.000 máis que en 2012- e o número de consultas tamén aumentou, ata chegar a 738.602.

Polo que se refire ás consultas hai 33.058 personas agardando para ver ao especialista – 7.800 menos que a finais de 2012– e que tardan unha media de 68 días en ter cita, especialmente en traumatoloxía.

No caso das probas diagnósticas, á marxe da resonancia, a demora da cal aumentou de 51 a 74 días, o resto de probas experimentaron, segundo o xerente, “unha mellora espectacular». Así, o tempo de espera para someterse a unha ecografía pasou de 91 a 35 días; un TAC pasou de 68 a 45 días; ou unha proba de radioloxía convencional, de 61 a 32 días.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.