Vigo al día

O Servizo de limpezas denuncia as irregularidades que padecen os traballadores

Foto archivo

Próximo aos 560 traballadores forman o cadro de persoal do servizo municipal de recollida do lixo e limpeza viaria de Vigo. Desde comezos do ano anterior, centralízase dende Madrid a elaboración das nóminas e o devengo das retribucións económicas.

En xaneiro do 2013 comezaron as irregularidades que permanente afectan ao pago do salario do traballadores. Dende o comité denuncian ante a dirección da empresa, que os principais problemas corresponden a inexistencia das actualizacións de antigüidades, diferencias no devengo dos periodos vacacionais, desigualdade por defecto nas cuantías dos salarios e no retraso das  mensualidades.

A comisión da empresa determina que de non resolverse estos inconvintes durante o actual mes de xaneiro, convocará mobilizacións no conxunto total das dependencias da empresa, que inclúe nave e cuartelillos, afectando a totalidade do persoal.

Asimismo, o comité trasladará ao Concello  esta reclamación por considerar que “é responsable do servizo e que teña coñecemento por anticipado das incidencias” que poderían producirse no servizo a partires do mes de febreiro.

 

También te puede interesar