Vigo al minuto

O BNG califica de «falsos» e «absurdos» os cálculos do alcalde para «negar» o bonobús aos parados

A voceira do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego calificou como “falsas” as contas que manexa o alcalde para “negar o bonobús aos parados de longa duración, de xeito que poidan viaxar gratis” no Vitrasa.

Iolanda Veloso asegurou que Abel Caballero “fai uns cálculo absolutamente absurdos e unhas previsións completamente desproporcionadas”, xa que, salientou, baséanse no feito de que solicitasen todos os parados de longa duración da cidade, que fixesen 4 viaxes ao día, todos os días do ano. «É unha posibilidade maximalista. Non se cumpre en ningún caso, en ningunha outra tarxeta».

Veloso subliñou que a actitude do alcalde débes á “súa falta de vontade» política para implantar esa medida, e advertiu de que o seu grupo seguirá mantendo a proposta. «Non admitimos que se nos diga que quebraría as arcas municipais, porque é radicalmente falso», indicou, ao tempo que subliñou que o o BNG non presentou alternativas para financiar ese bonobús porque “aínda non temos o borrador dos orzamentos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.