Galicia

Choiva, treboadas, vento e saraiba, este luns en Galicia, que estará en alerta laranxa,

Unha borrasca moi profunda, situada ao sudoeste de Islandia, enviará ondas de mar de fondo que superarán os 5 metros de altura na costa da Coruña e Pontevedra, onde este fenómeno adverso obrigará a activar a alerta laranxa.

A partir das 6 da mañá deste luns, as costas da provincia da Coruña e Pontevedra permanecerán en alerta amarela, un aviso que pasará a laranxa ás 6 da tarde. Á mesma hora, a costa da Mariña lucense tamén verá activada a alerta amarela polo risco que poida causar este fenómeno meteorolóxico adverso.

Este ‘fenómeno’ fará que Galicia se vexa afectada polos chuvascos que veñen detrás da fronte. Con esta situación, agárdanse ceos presentando intervalos anubrados con chuvascos intermitentes, localmente treboentos, con aparato eléctrico e mesmo acompañados de sarabia.

A cota de neve estará sobre os 800 metros ó principio do día, subindo progresivamente ós 1000 metros pola noite. As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do sudoeste, moderados, con intervalos fortes no litoral pola tarde e rolando a compoñente oeste durante a noite.

Por cidades, as temperaturas máximas rexistraranse en A Coruña, con 13º, Ourense, Pontevedra e Vigo con 12 (e unha mínima de 6).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.