Vigo al minuto

Afectados polas Preferentes maniféstanse este luns nos Xulgados de Vigo

As Plataformas de Afectados por as Preferentes de Vigo e Val concentraranse este luns ante os Xulgados  despois de que esta fin de semana coñecesen a decisión de arquivar a causa contra un afectado acusado de coaccionar traballadores de Novagalicia Banco.

Segundo explicaron, nun primeiro momento, esta mobilización foi convocada ante a citación a declarar deste afectado para este luns, como imputado por coaccionar e insultar os traballadores da entidade, cuestión que non terá lugar xa que este sábado coñeceron que o banco solicitou o arquivo da denuncia.

Con todo, ante esta nova situación, a Plataforma decidiu seguir adiante coa concentración, que terá lugar ás 10 e media da mañá para reclamar a Xustiza que «esixa seriedade aos responsables da entidade». Posteriormente, os afectados farán un percorrido por varias sucursais da cidade que finalizará na Praza da Independencia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.