Galicia

Atopan en bo estado á muller que desapareceu este venres pola noite en Cee

A muller que viaxaba coa súa parella nun automóbil e que desapareceu tras baixarse do coche para mexar –segundo relatou o seu acompañante– na pasada noite en Cee foi localizada escondida nun alpendre e en bo estado de saúde. Segundo Proteción Civil, foi unha veciña a que deu o aviso tras acudir ao alpendre e atopar a muller, que amosaba estar desorientada.

A muller, duns 50 anos, viaxaba coa súa parella cando, segundo a versión deste, pediu que detivese o coche á altura do lugar de Ameixenda. Pasados uns minutos, e sen poder atopala, o home avisou nunha casa do lugar do feito e mobilizouse á Garda Civil e a un amplo dispositivo de busca con efectivos de Protección Civil e dos bombeiros.

Finalmente, a muller foi localizada pasadas as 2 da mañá, casi catro horas despois da súa desaparición.

 

También te puede interesar