A Xunta segue adiante co ‘repago’ dos medicamentos hospitalarios

A Xunta non vai seguir o camiño que colleron outras comunidades gobernadas polo Partido Popular no que se refire ao ‘repago’ dos medicamentos nos hospitais. Mentres os presidentes de Baleares, Extremadura, Castela –León e, este venres, a presidenta de Castela- A Mancha, e secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, rexeitaron este sistema– o presidente Feijóo reiterou, na rolda de prensa que seguir á reunión do Consello da Xunta, que cumprirá a lei.

A medida que tiña que estar aplicándose en Galicia dende principio deste ano, entrará en vigor cando “se arranxen algúns problemas de xestión”, desbotando así a imitar a Cospedal, quen anunciou que cumprirá coa lei, pero que será a Junta de Castela- A Mancha a que pague os fármacos aos enfermos crónicos.

Outros presidentes populares que están en contra da medida son o de Cantabria, Ignacio Diego, que encargou un estudo para determinar o custo de que sexa o goberno cántabro quen asuma o pago, e non os cidadáns; mesmo o presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González, quen xa adiantou que que non aplicará o ‘repago’ hospitalario se o custo supera aos ingresos ou si perxudica aos madrileños.

O ‘repago’ afecta a 157 medicamentos que se administran ambulatoriamente a doentes crónicos nos hospitales. Trátase de tratamentos que ata agora non pagaban e que están sometidos a control médico moi estreito, para o tratamento de enfermedades como o VIH, hepatitis C, artritis e distintos cancros, mesmo a quimioterapia: os pacientes terán que pagar un 10% do seu prezo de venda ao público cun límite máximo de 4,2 €.

 

También te puede interesar