Vigo al minuto

O filme ‘Ananda Pérez’, rodado en Vigo, a un paso do Festival de Cannes

A imaxinación e a ilusión pode levar a ‘Ananda Pérez’, una longametraxe rodada en Vigo a ser unha das contendentes no prestixioso Festival de Cine de Cannes. O filme xa foi admitido polos responsables do certame e si é unha das selecionadas en marzo, poderá verse na mítica cita do cine mundial, en maio.

A película, con guión de Teresa Prados, que tamén foi a súa directora, xestouse no Centro Social de San Miguel de Oia, contando so con 4.000 €- aproximadamente o que cobran George Clooney ou Scarlett Johansson por unha hora de traballo-.

O equipo, composto por afecionados, traballou preto dun ano na cidade e en varios lugares do Val Miñor para contar a historia de ‘Ananda’, unha nena que vive coa súa nai e a súa tía, a primeira unha devota católica e a segunda unha libre pensante veciña dunha ‘ecoaldea’, que cre no budismo.

Segundo Teresa Prados- profesora de ioa de profesión- a súa intención foi transmitir que hai outros xeitos de vivir, de pensar…pode que esé é o segredo do traballo dun equipo formado por actores de la Escola Superior de Arte Dramática y del grupo de teatro del C.S.C. San Miguel que este sábado asistirán, ás 7 da tarde no propio Centro Social, á preestrea da película e que, se cadra, deben de pensar en qué van levar na alfombra vermella de entrada ao Palais des Festivals.

 

También te puede interesar