Galicia

200 persoas en toda Galicia benefícianse xa do Plan de Axuda Alimentaria Solidario da CIG

O Plan de Axuda Alimentaria Solidario posta en marcha pola Confederación Intersindical Galega (CIG) hai poucos meses xa dá cobertura a unhas 200 persoas no conxunto do país, aínda que o maior número de beneficiarios concéntrase nas comarcas de Ferrol e Vigo. A continuación sitúase Lugo, onde 20 persoas reciben axuda do plan.

Voluntarios da central nacionalista encárganse de recoller, seleccionar e almacenar as achegas que posteriormente lle son entregadas aos solicitantes que cumpren os requisitos establecidos nas bases do plan solidario.

Nun primeiro momento estanse a repartir unicamente produtos non perecedoiros, aínda que o obxectivo é distribuír máis adiante tamén alimentos como carne, peixe, ovos, froita, verdura, etc. Con este obxectivo estanse a recoller achegas económicas por distintas vías, tanto a través de furnas colocadas para tal efecto como mediante unha cota sindical extraordinaria de 20 €anuais.

A CIG fan un chamamento á solidariedade de clase para seguir mantendo a nivel actual de reparto de alimentos e lograr o mantemento desta iniciativa no futuro.

 

También te puede interesar