Galicia

Os malos resultados de xestión deciden á Xunta a pechar varias oficinas da Patronal Galega no estranxeiro

O presidente Feijóo na inauguración da oficina Pexga en México D.F.

Os obxectivos que se marcara a Xunta no Plan Estratéxico de internalización 2010-2014 non se cumpliron e, en vista delo, o goberno galego pechará 5 das 13 oficinas que a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) tiña abertas no estranxeiro, a ás que a Xunta destinara 18 millóns de euros. Son as de Berlín, París, Estambul, Bos Aires e Nova Iorque. Sí seguirían abertas as de Londres, Moscú, Tánger, Miami, México D.F., Sao Paulo, Bogotá e Shangai- sen desbotar que poidan abrirse dúas novas, en Lima e Dubai-.

Para facer realidade esta decisión- que se toma considerando que os mercados nas que se pechan reprsentacións “está xa maduros”, asinarase un novo acordo entre a administración galega e a Patronal galega que, ademáis, dará máis control á Consellería de Economía– reducindo o que ten a Confederación de Empresarios, que dirixe Fernández Alvariño-.

Deste xeito, a Xunta agarda mellorar os resultados da Rede Pexga que, á vista do feito ate o dagora, non resultaron, nen de lonxe, o que agardaba o goberno galego e apenas serviron para axudar ás acións empresariais emprendidas no estranxeiro.

 

También te puede interesar