Galicia

Este luns, Galicia en alerta vermella na costa e amarela pola choiva

A costa estará este luns el alerta vermella- risco máximo- por fenómenos costeiros, segundo ven de adiantar a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) que precisa que agárdanse ondas de 9 metros. A precisión subliña que as frontes atlánticas seguirán afectando a Galicia con refachos de máis de 80 quilómetros por hora.

As catro provincias estarán, tamén, en alerta amerela por choiva xa que se agarda que sexan especialmente fortes en todas elas ademáis de en Asturias e Cantabria.

A situación manterase ata o mércores cando o debilitamento da borrasca do norte fará que Galicia quede baixo nunha zona intermedia de ventos de compoñente sur. Predominará a alternancia de nubes e claros en xeral, con máis nubes no oeste onde haberán algunhas precipitacións febles.

 

También te puede interesar