A Coordinadora Galega de Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas solicitarán o próximo martes, día 7 de xaneiro, unha entrevista co vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda e o responsble de Economía,Francisco Conde, para demandalos «unha solución definitiva para todos os estafados».
Representantes das plataformas presentarán a súa solicitude por escrito ante o rexistro do entro de Atención ao Cidadán da Xunta en Compostela, na que pedirán a ambos os dous membros do Goberno galego que se «impliquen para darnos unha solución».
Estas peticións para a reunión enmárcanse nas que as plataformas cursan distintas instancias da Administración e a directiva de Banesco, comprador de Novagalicia Banco, para solicitarlles información sobre a situación na que quedan os afectados pola estafa masiva das preferentes.
Os representantes dos afectados lembraron que o presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, se comprometeu o pasado 20 de decembro a dar solución ao conflito nun prazo de tempo inferior a 90 días e mostraron o seu desexo de coñecer «de primeira man todos os detalles sobre o proceso de venda que nos afecta”.