Cultura

A Academia Galega rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego no 101 aniversario do seu nacemento

A Real Academia Galega (RAG) acollerá este martes un acto de homenaxe ao falecido galleguista lucense, veciño de Vigo, Francisco Fernández del Riego, en lembranza do 101 aniversario do seu nacemento.

O evento, que se celebrará no salón de actos da RAG ás 7 da tarde, contará coas intervencións do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; dos membros numerarios Víctor Freixanes e Salvador García-Bodaño, e dos estudosos María Dolores Villanueva, Ana Acuña e Ramón Nicolás.

Baixo o lema ‘Unha Galicia vivida: homenaxe a do Rego no 101 aniversario do seu nacemento’, a RAG busca lembrar o narrador e ex presidente da Academia, cofundador de Galaxia e ex director da revista Grial.

 

También te puede interesar