Galicia

O ano comeza con ceos cubertos e choiva

O primeiro día de 2014 estará marcado por un novo sistema frontal que farase sentir en toda Galicia dende as primeiras horas da mañá. A borrasca irase estendendo de modo progresivo cara ao resto do país, alcanzando intensidade moderada, puntualmente forte en Pontevedra e no Oeste da Coruña.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, os ventos soprarán do sueste, fortes, con momentos moi fortes no litoral Norte e zonas altas do interior.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, pero as máximas serán bastante suaves, con lixeiros ascensos. Así, por cidades, as máximas ascenderán ata os 15 graos en A Coruña, Pontevedra e Ferrol, 14 teremos en Vigo –cunha mínima de 10- mentres que o termómetro baixará ate os 7 graos en Lugo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.