Sucesos

Buscan a un home de 30 anos que desapareceu logo dun accidente de tráfico en Montesalgueiro

A Garda Civil busca a David Ares Roca, veciño de Cuntis de 30 anos de idade, que desapareceu este sábado de madrugada logo de sofrir un accidente de tráfico na Nacional VI en sentido A Coruña.

O mediodía de onte, as servizos de Emerxencia recibiron o aviso de que un coche caera por unha pendente en Montesalgueiro, ao chegar ao lugar comprobaron que non estaba o conductor do mesmo. Logo de mirar polas fincas casas de preto sen atopalo, informaron delo á Garda Civil quen, pouco despois recibiu a denuncia da desaparición por parte da familia.

 

También te puede interesar