RGPD - Cookies

A Deputación adianta 53 millóns a 52 concellos que delegaron nela a súa xestión tributaria

A Deputación de Pontevedra adiantou un total de 53 millóns de euros aos 52 concellos adheridos ao órgano recaudatorio do Organismo Autonomo de Gestion de Recursos (ORAL), nun anticipo que se fai a conta dos tributos do IBI, IAE e vehículos.

Esta medida permitirá aos concellos realizar a súa planificación de tesouraría municipal, de forma que o anticipo non ten custo ningún e ingresarán o diñeiro antes de poñan os seus respectivos padróns a cobramento.

No ano 2013, o ORAL recadou a cantidade de 93,2 millóns de euros, ao tempo que emitiu un total de 1.179.432 recibos, segundo informa a Deputación.

 

También te puede interesar