Ciencia y Tecnología

A CIG alerta de que o Sergas recortará en 400 horas a operatividade dos helicópteros do 061

A CIG-Saúde ven de denunciar que a oferta de contratación do servizo de transporte aéreo medicalizado publicada por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que entrará en vigor en abril de 2014, reducirá a operatividade actual destas aeronaves en 400 horas.

Nunha nota de prensa, o sindicato denunciou o que consideran un «novo recorte na asistencia sanitaria á cidadanía» e criticou que o Goberno galego «confunda eficiencia na xestión dos recursos públicos coa súa redución».

A CIG lembra que os helicópteros medicalizados de urxencias sanitarias, con base en Santiago e en Ourense, funcionaron, tal e como recolle o contrato actual, durante os últimos «23 anos de orto a ocaso», durante todas as horas de luz do día.

Non obstante, a nova oferta de contratación do 061-Galicia, que asumiu a xestión ata agora en mans da Axencia Galega de Emerxencias, establece un período de servizo de «orto máis 12 a ocaso máis doce» a repartir entre ambas as dúas aeronaves.

Isto supón que, explica CIG-Saúde, durante o período no que as horas sexan máis de 12, «só estará operativo un dos helicópteros» ao inicio e ao final do día. Segundo os cálculos do sindicato, isto suporá 394 horas menos de operatividade para cada helicóptero ao ano.

«Durante o verán, ás sete da tarde só estará operativo un helicóptero con base en Ourense», denunciou a CIG, «o que levará consigo que un accidente acontecido, por exemplo, na Costa da Morte a partir desa hora terá o recurso medicalizado máis próximo a máis de 35 minutos, cando na actualidade está a 12 minutos».

Paralelamente, unha emerxencia «acontecida en O Barco de Valdeorras ás 8 da mañá, terá o helicóptero sanitario a uns 40 minutos de voo, en Santiago, mentres que na actualidade está a 15 minutos».

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.