Cultura

Liberan ao Rei

Está libre. O Rei Baltasar do Belén da Praza do Obradoiro, foi ‘liberado’, na porta da Secretaría Xeral de Emigración, en Compostela – como pode verse na fotografía publicada por Praza Pública– cun cartel pendurado no que había un alegato contra as ‘concertinas’, de Melilla, as coitelas colocadas por España, e mantidas polo goberno anterior e o actual para tentan evitar a chegada de inmigrantes dende África.

Hai que lembrar que a Súa Maxestade desapareceu hai dous días, algo que non poideron evitar nin as cámaras de seguridade que vixiaban o famoso Belén e colocadas polo concello logo de que o pasado Nadal fora ‘raptado’ o neno Xesús – que máis tarde apareceu nun caixeiro para denunciar que moitas personas non tiñan fogar e durmían na rúa-.

 

También te puede interesar