RGPD - Cookies
Galicia

Asime confía en que Pemex adxudique os dous floteis a Barreras e Navantia

O secretario xeral da Asociación Industrial de Metalúrxicos (Asime) confía en que o día 30 – data na que coñecefrase a adxudicacións dos dous floteles de Pemex- os buques serán encargados aos estaleiros galegos de Barreras e Navantia.

Nunha entrevista concedida a Radio Nacional, Enrique Mallón pediu salientou que é necesario «facer unha maior aposta pola reparación naval en Galicia”, algo que xa está a facer o sector, dixo, e adiantou que xa hai un proxecto “que se presentará nos próximos meses».

O responsable de Asime indicou que agarda que para mediados de 2014 estean traballando uns 6.000 operarios en Vigo, se se cumpren os compromisos avanzados por Pemex ao formalizar a súa entrada no conxunto de accionistas de Barreiras, que agora está baixo o seu control.

Estes anuncios pódense concretar nun incremento de 1.400 postos, apuntou, que sumados aos 3.800 actuais e a outros que estima que se xerarán nalgún outro estaleiro, permitirán alcanzar os 6.000.

Mallón manifestou que Barreras ten capacidade para construír os cinco buques encargados e para empezar a traballar en febreiro. Respecto ás dúbidas sobre a adxudicación a Navantia, indicou que os responsables de Pemex non ofreceron dúbidas respecto a Vigo e en relación a Ferrol explicaron que a proposta está «en primeira liña no aspecto técnico, que é o que debe primeira, e en segunda no económico».

O secretario xeral de Asime deixou craro que esta non será a solución para Navantia pero si «un alivio para non perder a actividade».

 

También te puede interesar