Comarcas

Seguen as actividades do ‘Nadal Cultural’ en As Neves

Concello de As Neves iluminado/Tresyuno Comunicación

O Concello de As Neves ven de preparar toda unha serie de actividades, para os veciños e visitantes, de cara a estas datas, que abranguen dende música, pasando por xogos, obradoiros, entretenimento e a presenza dunha estrela da canción coa que dará comezo o ‘Nadal Cultural’ no Sol do Condado.

Logo de éxitos das dúas primeriras propostas,  a actuación de ‘eurovisiva’ Lucía Pérez, que encheu o Auditorio Municipal o pasado domingo, e de ‘Música, exercicio e saúde para as Festas do Nadal’ xunto co Concerto-Festival d@s Alumn@s da Escola Municipal de Música de As Neves, este xoves, as actividades volven esta fin de semana.

O domingo, día 22, aqueles que tiveron sorte no Sorteo da Lotería, tamén os que non, non poden faltar, as 5 e media da tarde, á cita co ‘Concerto de Panxoliñas’, nas voces de dúas das máis importantes corais de Galicia, a ‘Coral Santa María, de Pazos de Borbén’ e a “Santa María de As Neves’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.