Vigo al minuto

SOS Xustiza advirte que a nova Lei de Seguridade so pretende que «a xente teña medo» e non proteste

A plataforma SOS Xustiza difundiu este xoves o seu rexeitamento á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, xa que, indicaron os seus representantes, “supón o espolio dos dereitos cívicos, provoca inseguridade xurídica e so pretende controlar aos cidadáns”.

En rolda de prensa, a presidenta deste colectivo subliñou que a lei non é constitucional senon máis propia dun “réxime ditatorial”.Yolanda Aguiar advertiu que a norma está feita para que “a xente teña medo”, e para iso aproveita a difícil situación económica na que están moitas personas, «a Administración se protexe a si mesma e busca que a maioría silenciosa sexa cada vez máis numerosa e máis silenciosa».

SOS Xustiza denuncia, ademáis que a lei xera «inseguridade xurídica porque utiliza termos indeterminados, como o de ofensa a España, ás institucións,» que non están explicados e, subliña que, con ela, algunhas infraccións penais pasan a ser administrativas, o que significa que os delitos xa non terían presunción de inocencia, senón «presunción de culpabilidade: non teñen que demostrar a túa culpabilidade, senón que ti tes que demostrar a túa inocencia».

Por último, os representantes de SOS Xustiza indicaron que non se regularán as sancións en relación aos ingresos económicos, senón que todas as persoas pagarán a mesma cantidade e, ademais, cando se faga uso do «pronto pagamento» non se poderá recorrer á administración de forma gratuíta, como ata agora, senón que só se poderá ir aos xulgados, o que implica que «directamente non deixan recorrer».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.