Galicia

Dende este luns, os médicos de familia poderán atender aos seus pacientes por teléfono

Dende este luns, día 2, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) estenderá a todos os centros de saúde e consultorios, a posibilidade de que os pacientes sexan atendidos telefonicamente polo seu médico de familia mediante un proceso novo.
Deste xeito, segundo subliñou o presidente Feijóo, Sanidade agarda mellorar a accesibilidade dos cidadáns ao sistema sanitario e en «evitar desprazamentos innecesarios«.

Ademáis, a Xunta pretende favorecer a implantación de sistemas organizativos que posibilitan as consultas e revisións non presenciais por parte dos pacientes e das persoas coidadoras “mediante o uso das novas tecnoloxías da información e comunicación”.

Deste xeito, o novo servizo permitirá aos pacientes que pidan unha cita, tanto telefonicamente como por internet, elixir voluntariamente a posibilidade de ser atendido de forma presencial ou telefónica polo seu médico de cabeceira.

O Sergas xa puxera en marcha en xuño un proxecto piloto de consulta telefónica non presencial en sete centros de saúde: en A Covada-Oleiros (A Coruña), Ares en Ferrol, Baleira en Lugo, Cercedo en Pontevedra, A Baña en Santiago, Salvaterra en Vigo e Toén en Ourense, proxecto que segundo o xefe do executivo galego dera bos resultados.

O presidente subliñou que a actividade deberá rexistrarse na historia do paciente e que, no caso no que o facultativo o considere oportuno, este poderá ser remitido a unha atención presencial.

Así mesmo, indicou que o obxectivo é que «entre o 15 e o 20% das consultas solicitadas sexan en modalidade telefónica e que menos do 10 % das consultas telefónicas pedidas sexan reconducidas en presenciais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.