Comarcas

Un total de 22 personas traballan para o Concello de As Neves por medio da oferta de emprego da Deputación

As Neves/Tresyuno Comunicación

Un total de 22 personas – 12 nunha primeira quenda de 6 meses- e 10 nesta segunda, polo mesmo período, incorporaronse a traballar no Concello de As Neves por medio do Plan de Emprego da Deputación.

Todos eles ocupan o seu posto dende hai unha semana e realizan labouras de mantemento, limpeza e conservación viaria ate maio de 2014, logo do proceso de selección realizado o mes pasado, e súmanse aos dous becarios, tamén incorporados por medio do organismo provincial, que integrarán a plantilla municipal durante un ano – en dous períodos consecutivos-.

A selección tivo coma obxectivo a consecución de experiencia laboral e a reincorporación ao mercado de traballo, polo cal @s candidat@s foron personas maiores de 30 anos, que non cobran prestacións por desemprego – ainda que sí poden percibir o Risga- tendo prioridade aqueles considerados parad@s de longa duración, con responsabilidades familiares e que acrediten cursos de formación relacionados co posto a cubrir.

 

También te puede interesar