RGPD - Cookies

Feijóo anuncia que a Xunta recurrirá a sentenza do ‘Prestige’

O presidente Feijóo ven de anunciar que, logo de que os avogados do goberno galego consultasen a sentenza do ‘Prestige’, a Xunta presentará un recurso de casación- diante do Tribunal Supremo- contra o fallo xudicial.

Na rolda de prensa que seguiu ao Consello, Feijóo subliñou que o goberno galego non está satisfeito coa sentenza na que “falla a responsabilidade económica” e, por iso, logo de facer un análise da decisión da Audiencia de A Coruña, tomouse a decisión de presentar o devandito recurso.

Hai que lembrar que a sentenza non atopou culbables nena o capitán do barco, Apostolos Mangouras, nen ao xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos e, tampouco ao ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors, acusados de delitos contra o medio ambiente.

Logo de coñecer a decisión xudicial, Feijóo xa confesara a súa decepción co mesmo e avisado de que “alguén ten que pagar” polos danos e o custo ocasionado polo afundimento do petroleiro. Con todo, coincidindo co ministro de Xustiza, o presidente da Xunta non fai referencia algunha ás responsabilidades penais, -e moito menos políticas da catástrofe- da sentenza, coas que o seu partido xa dixo que está dacordo, senon só ás patrimoniais.

 

También te puede interesar