Cultura

Este domingo a “Peque-ruta” será polo Sendeiro dos Matos

A asociación cultural O Coto, organiza este domingo 24, unha peque-ruta polo Sendeiro dos Matos en Chandebrito (Nigrán). A hora da saída é as 11 da mañá dende o Colexio Público Carballal.

Este fermoso percorrido transcorre polos lugares de Pracíns, Campos do Paso, Gabián, Os Matos, etc. Era un antigo camiño usado polos veciños de Chandebrito para ir a igrexa de Camos, cheo de frondosos sendeiros ao carón do río, onde se atopan muiños restaurados.

Ao remate, haberá un magosto para todolos participantes. Para máis información, podedes chamar a estes teléfonos 986487957-676524529 ou ben na páxina www.ocoto.org

También te puede interesar