Comarcas

Concentracións en todo o país contra as taxas xudiciais

Coincidindo co «triste primeiro aniversario da lei de taxas” a Plataforma SOS Xustiza, o Consello da Abogacía e outras institución, convocaron este mércores unha protesta contra “tan inxusta medida que afasta, aínda mais, a xustiza dos cidadáns e sobre todo institucionaliza unha ‘xustiza de ricos’ e otra do resto”.

Na opinión destos colectivos, as “astronómicas” cantidades que se esixen á maioría dos cidadáns para interpoñer gran parte de reclamacións en vía xudicial fixeron que se reduza de forma drástica o volume de asuntos nos Xulgados e Tribunais, “especialmente nos da orde civil e contencioso administrativo”.

Segundo a estadística do Consello Xudicial do Poder Xudicial, en datos nacionais, o número de demandas civís contenciosas presentadas nos Xulgados de 1ª Instancia ou de 1ª Instancia e Instrucción -excluíndo as de familia, que, polo xeral non pagan taxas- reduciuse no primeiro semestre deste 2013 respecto ao ano 2012 nun 11,15%; presentáronse 568.496 demandas, fronteás 639.870 do pasado ano, “é dicir, máis de 70.000 cidadáns deixaron de formular demandas nun só semestre”.

Nos Xulgados do Contencioso-Administrativo ten pasado de 67.518 recursos no primeiro semestre de 2012 a 56526 neste ano, 10992 menos; a redución foi de 16,28%.

Cifras “tamén escandalosas” danse nos asuntos resoltos en 2ª Instancia polas seccións civís das Audiencias Provinciais cunha redución do 27,46%, pasando de 50.837 a 37.931, en total, 12.906 menos; un 17,09% de redución de asuntos contencioso-administrativos en única instancia nos Tribunais Superiores de Xustiza, e un 21,74% menos de recursos ante estes tribunais; un 23,04% de redución nas salas do social dos mesmos, ou un 49,72% menos de asuntos en única instancia na sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.