RGPD - Cookies
Vigo al día

O Parlamento Europeo rexeita que o Porto de Vigo forme parte da Rede Transeuropea

Casi á mesma hora que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo facía declaración sobre a recollida de lixo no porto, o pleno do Parlamento Europeo rexeitou este martes incluirno na lista de proxectos prioritarios da rede transeuropea de transportes o que lle permitiría acceder a máis fondos da UE durante o período 2014-2020, malia a petición dos eurodeputados do PP e o PSOE.

Os parlamentarios españois alegaban que o de Vigo é o maior tráfico do mundo en produtos de pesca para consumo humano, ten un carácter estratéxico para o noroeste da Península polo seu volume de mercadorías e pronto entrará en funcionamento a autoestrada do mar que o une con Francia.

Os eurodeputados volveron confirmar a inclusión na lista do Corredor Ferroviario Mediterráneo e do Atlántico, ambos os dous de interese para España, que deberán estar rematados en 2030 e poderán recibir axudas da UE cunha taxa de cofinanciamento do 40%. En cambio, na lista non figura o Corredor Central, pensado para unir España e Francia a través dun túnel polos Pireneos. Este proxecto foi defendido pola ministra de Fomento, Ana Pastor, pero finalmente só se lle dedicarán fondos para estudios previos.

O acordo do Parlamento Europeo inclúe na rede principal os portos españois de A Coruña, Algeciras, Barcelona, Bilbao, Cartagena, Gijón, Huelva, Las Palmas, Palma de Mallorca, Sevilla, Tarragona, Tenerife e Valencia, así como o porto fluvial de Sevilla.

 

También te puede interesar