RGPD - Cookies
Galicia

Un morto e 67 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 67 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 15 de novembro, ata as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 67 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67 e o 33% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 43% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 18 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 ocasións, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito sinistros. As ambulancias convencionais acudiron a tres sinistros.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, en dúas ocasións foron trasladados aos centros de atención primaria e en oito casos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do incidente.

 

También te puede interesar