Galicia

Masiva manifestación contra o copagamento dos fármacos de dispensa hospitalaria

Centos de personas acudiron á convocatoria da Iniciativa Galega en Defensa da Gratuidade dá Sanidade e sairon á rúa en Compostela- con representación de 150 concellos do país- baixo o lema ‘O copagamento mata. Por unha sanidade galega e gratuíta‘. Con esta mobilización querían esixir á Xunta que non aplique a norma do Ministerio de Sanidade que obriga ao copagamento dos fármacos de dispensa hospitalaria.

Segundo manifestou o alcalde de Riotorto, “as nosas demandas non se negocian” e as mesmas, subliñou, “pasan porque a Xunta pida a derogación do decreto de copagamento dos productos ortoprotésicos e do transporte sanitario non urxente”. Federico Gutiérrez salientou que non se acabarán as mobilizacións para que non se chegue a aplicar este «repagamento» e reiterou que, no caso de que se produza, será asumido polos concellos que apoian á Iniciativa Galega en Defensa da Gratuidade dá Sanidade.

«Chegado o momento, malia que non é a nosa competencia, asumiremos ese copagamento porque gobernar é priorizar e a nosa prioridade é que ningún dos nosos veciños abandone os seus tratamentos por non poder pagalos».

Pola súa banda, o alcalde de Allariz e vicepresidente da da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Francisco García, explicou que “para facer fronte aos gastos sanitarios xa están os impostos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.