Vigo al minuto

O ministro de Economía asegura que Novagalicia Banco estará vendido nun mes

O ministro de Economía dixo este venres que o Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB) abrirá o martes o proceso de ofertas vinculantes para a venda de Novagalicia Banco e que espera que a decisión sobre a adxudicación se adopte nun prazo máximo dun mes.

«O martes hai reunión da xunta do FROB e ábrese xa o proceso de ofertas vinculantes», explicou Luis de Guindos en rolda de prensa durante a reunión do Ecofin. «Cremos que vai haber bastantes ofertas vinculantes ao respecto e nun prazo de tres catro semanas o FROB tomará unha decisión da quen se adxudica Novagalicia», sinalou o ministro de Economía.

Guindos subliñou, ademais que o FROB non recibiu ningunha queixa de fondos de investimento sobre o procedemento de venda do Novagalicia Banco.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.