RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Vigo al día

[email protected] [email protected] de ESO e Bacharelato participan en ‘Enredámonos nas redes?’ contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o próximo día 25, desenrolase en Vigo o obradoiro ‘Enredámonos nas redes?’ dirixido a alumnos de 4º de la ESO y de 2º y 3º de Bacherelato.

Co obxectivo de previr entre a mocidade a violencia de xénero no uso das redes sociais, participan 11 centros da cidade – Castro, Castelo, Alexandre Bóveda, Rosais II, Teis, Coruxo, Santo Tomé de Freixeiro, Alvaro Cunqueiro, República Oriental do Urugaui, A Guía e Carlos Casares -, cun total de 1.047 alumnos que, durante tres días, debatirán no Auditorio Municipal sobre este tema contra o que están a advertir especialistas, dende pedagogos, pasando por entendidos en redes sociais, profesores e axentes das unidades informáticas dos Corpos de Seguridade.

De xeito complementario, o Concello distribuirá 13.000 exemplares da guía Conectamos ben…? Mozos e mozas que se tratan ben e de igual a igual . Está dirixida a mozos e mozas para que promovan o bo trato nos ámbitos nos que se desenvolve a súa vida diaria: as redes sociais, os espazos de ocio, as relacións personais.

No mesmo, utilizase unha linguaxe sinxela, coas mesmas craves que usan a mocidade co fin de amosarlles distintas maneiras para identificar as relacións de bo trato o mal trato coas que se poden atopar.

 

También te puede interesar