Cultura

‘O Apóstolo’ entre os 19 filmes de animación selecionados para os Oscar

O filme galego de animación, dirixido por Fernando Cortizo, é un dos 19 títulos seleccionados para contender polo Oscar na súa categoría. Rodado coa técnica de stop-motion, e coas voces de Luis Tosar, Manquiña, Graldine Chaplin, Paul Naschy ou Jorge Sanz, a película relata unha historia de misterio no Camiño de Santiago.

Con todo, a tarefa non será doada, a cinta de Cortizo tería que gañar a superproducións de Disney, Universal, Fox, Pixar ou DreamWorks, entre elas Gru 2, mi villano favorito de Universal; Frozen: El reino del hielo de Disney; Lluvia de albóndigas 2 de Sony; Los Croods. Unha aventura prehistórica de DreamWorks; Turbo, tamén da factoría DreamWorks; Epic. El mundo secreto de Fox; a secuela de Los Pitufos; Monstruos University de Disney/Pixar; Planes (Aviones) tamén de Disney.

Destos 19 títulos so quedarán cinco nominadas que se coñecerán, xunto co resto dos candidatos aos Oscar o vindeiro 16 de xaneiro. A gala de entrega dos premios será o domingo 2 de marzo de 2014.

 

También te puede interesar