Vigo al día

Citroën empeza a vender no mercado español o novo Grand C4 Picasso, fabricado en Vigo

Se cadra, Felipe de Borbón, que xa probou o modelo en Vigo, decídese a mercar un deles/Tresyuno Comunicación

Citroën ven de iniciar a comercialización no mercado español do seu novo monovolume de sete prazas Grand C4 Picasso, que, ao igual que o C4 Picasso, se fabrica na factoría do consorcio PSA Peugeot Citroën en Vigo.

En comparación coa variante de cinco prazas, o novo Grand C4 Picasso ten 16,9 centímetros de lonxitude máis e o seu desenvolvemento baseouse na plataforma EMP2 do grupo PSA, que permitiu reducir en 100 quilogramos o peso respecto ao modelo ao que substitúe.

Así, o novo modelo de Citroën ten unha lonxitude exterior de 4,59 metros, mentres que a súa anchura se sitúa en 1,83 metros e a súa altura en 1,64 centímetros. Este vehículo conta con tres filas de asentos e sete prazas e pode ter unha capacidade de carga do maleteiro de 645 litros.

O novo Grand C4 Picasso mantén as mesmas liñas de deseño que o modelo de cinco prazas, cun frontal completamente actualizado e coa principal novidade do sistema de iluminación traseiro, que conta con luces LED con efecto de tres dimensións.

A gama de motorizacións deste monovolume no mercado español está composta por dúas versións de gasolina -VTi de 120 cabalos e THP de 155 cabalo – e por dúas mecánicas diésel, unha e-HDi de 115 cabalos e a nova BlueHDi de 150 cabalos de potencia máxima.

O novo Citroën Grand C4 Picasso véndesa un prezo de de partida, para a versión de gasolina de 120 cabalos Attraction, de 20.800 €, e a opción máis cara, con 32.790 €, será o Grand C4 Picasso BlueHDi coa caixa automática de seis marchas e a terminación Exclusive.

 

También te puede interesar