RGPD - Cookies
Galicia

Outra fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 97 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 24 accidentes.

A central do 061 recibiu nestes días 77 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 97 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50% e,nas idades dos feridos, obsérvase cun 51% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 66 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 91 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, catro foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dous se atenderon nun centro de atención primaria.

 

También te puede interesar