Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 73 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres ate as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 76 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 73 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 52 e do 48%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 49% dos atendidos tiña entre os 30 e os 49 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoa, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 66 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 10 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e sete se atenderon nun centro de atención primaria.

 

También te puede interesar