RGPD - Cookies
Galicia

SOS Sanidade pública advirte que a suba do prezo da gasolina non vai terminar na Sanidade

SOS Sanidade Pública asegura nunha nota, feita pública ante a decisión da Xunta de aumentar os impostos das gasolinas para pagar a Sanidade – o famoso ‘céntimo sanitario’- que “a mellora do financiamento sanitario debe de facerse con impostos progresivos que aseguren unha maior recadación de quen máis ten e non con taxas ao consumo que afondan na desigualdade entre persoas”.

En opición desta asociación “é necesario aumentar os fondos destinados á sanidade pública, pero é evidente de que este tipo de imposto sobre o consumo ten o efecto de afondar na desigualdade, pois penaliza igualmente as persoas con poucos recursos económicos que aos que os teñen moi elevados». Para SOS Sanidade Pública, “chama a atención que o Goberno galego pretenda subir impostos de forma indiscriminada mentres mantén sen tocar algúns outros como os de patrimonio, sucesións ou o imposto sobre sociedades que se teñen carácter progresivo», considerou.

Así mesmo, a plataforma subliña en que o imposto sobre carburantes «non ten un carácter finalista» e «a súa suba supón maiores ingresos que a Xunta pode utilizar con fins moi distintos aos sanitarios. É unha escusa para aumentar a presión fiscal sen mellorar o financiamento sanitario», criticou.

 

También te puede interesar