Vigo al minuto

A CIG convoca tres marchas a pé na área de Vigo en defensa do emprego

A Confederación Intersindical Galega (CIG) de Vigo anunciou este venres a convocatoria de tres marchas a pé en distintos puntos da bisbarra, no marco da campaña iniciada pola central nacionalista en defensa do emprego e para «visibilizar o drama do paro».

As marchas serán o vindeiro día o 15 dende O Porriño a Vigo, con saída ás 9 e media da mañá, dende a sede sindical en Arquitecto Pazos e chegada ás 2 e media ao edificio da Xunta; ás 6 e media da tarde, dende a praza de Abastos de Moaña en dirección a Cangas; e a mesma hora  dende o Concello de Bueu, tamén en dirección a Cangas.

Ademais das marchas, o 17 de outubro celebrarase unha «xornada de loita» con nove actos simultáneos que terán lugar en Vigo entre as 11 e media e 12 e media. Así, haberá concentracións e actos reivindicativos das diferentes federacións en distintos puntos da cidade: en PSA Peugeot Citroën, nas instalacións de Fenosa en Travesía de Vigo, en Ceaga, en NCG Banco, Hospital Xeral, sede da Xunta, obras da estación do AVE, ou o instituto Santa Irene.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.