Vigo al minuto

Empeza o derrubo do restaurante ‘El Castillo’ que desaparecerá o mes que ven

O alcalde cun mazo representando o derrubo do edificio/Tresyuno Comunicación

O alcalde asistiu este luns ao comezo das obras de derrubo do restaurante ‘El Castillo, en O Castro que, segundo indicou, desaparecerá a finais do mes que ven. Será a primeira parte dunha reforma moito máis ampla que abarcará a retirada da edificación completa, os muros de contención e a terraza exterior, antes de habilitar unha zona verde de lecer e un paseo. O obxectivo é descubrir “toda a área perimetral da fortaleza”, que quedará “toda á vista por primeira vez en 150 anos”.

A totalidade da reforma será unha realidade o ano que ven, aínda que Abel Caballero –que non dubidou en coller unha maza para ‘inaugurar’ a demolición- non especificou prazos exactos. Sí salientou que, con esta obra o Concello investiu no Castro máis de 2 millóns e medio de euros – o derrubo custará 128.000-.

As devanditas melloras non abranguen a Cruz, que seguirá no seu lugar. Para xustificar este feito o alcalde remitiuse a una sentenza xudicial que se remitía a un acordo plenario de 1981 no que se recollía que a cruz non representaba xa un monumento franquista.

 

También te puede interesar