Cultura

@s traductor@s galeg@s celebran este luns o Día Internacional da Tradución reivindicando a súa profesión

Este luns,día 30, celébrase o Día Internacional da Tradución, unha data que os tradutores galegos pretenden aproveitar para reivindicar unha «maior visibilidade» do seu papel no día a día para aproximar culturas, profesións e «achegar calidade a unha profesión que vai máis alá de ser bilingüe».

Esta xornada nace da iniciativa da Fédération Internationale deas Traducteurs (FIT), que decidiron aproveitar a data en que se recorda o falecemento de San Jerónimo de Estridón, tradutor da Biblia ao latín, como o Día Internacional do Tradutor. Unha forma de render homenaxe a unha disciplina e a uns profesionais que axudan a superar as barreiras lingüísticas e achegar as diferentes culturas.

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti) é unha das entidades que representan a este colectivo e, en particular, para buscar que a sociedade galega sexa «consciente da profesionalidade que require este oficio, con técnicas determinadas e que non é simplemente ser bilingüe».

Dende o ano 2001, a asociación foi sumando socios ata alcanzar os 118 actuais e preséntase como unha “plataforma de apoio para todos os profesionais da tradución e da interpretación para mellorar as condicións laborais, cun claro compromiso coa lingua galega», este traballo fixo que, na actualidade, sexa xa un referente » tanto para profesionais como para licenciados ou estudantes».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.