Vigo al minuto

O Concello aproba destinar 992.000 € a bolsas de libros e comedores escolares

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou destinar un total de 992.000 € a 3.600 bolsas para libros de texto e comedores escolares, segundo anunciou este martes o alcalde. Así, se aprobaron un total de 80.000 € para axudas para libros de educación infantil, unha cantidade que permitirá conceder 1.000 bolsas. Ademais, outros 912.000 € destinaranse a 2.600 axudas para comedores de centros de educación infantil, primaria e secundaria da cidade.

Abel Caballero explicou que se trata dun «aumento moi importante» con respecto ás cifras que se viñan manexando habitualmente xa que a demanda para este curso escolar «superou todo o imaxinable».

Este anuncio prodúcese despois de que, este luns, o grupo municipal do BNG demandase o goberno local que axilizase a tramitación de bolsas de comedor, tendo en conta que o curso escolar xa comezou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.