Galicia

O Parlamento de Galicia rexeita, cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE, unha comisión sobre o accidente de Angrois

Co voto en contra do Partido Popular e a abstención do PSdG, o Parlamento de Galicia rexeitou, este martes, a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do tren Alvia que cubría a ruta Madrid – Ferrol o pasado 24 de xullo provocou 79 vítimas mortais e máis dun centenar de feridos, algúns deles aínda hospitalizados.

A proposta de creación desta comisión de investigación foi defendida por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e o BNG, a través dos seus voceiros parlamentarios, Xosé Manuel Beiras e Francisco Jorquera, respectivamente, os cales arremeteron contra os populares por impedir esta investigación.

Ata este martes o PSdeG non quixera revelar publicamente o sentido do seu voto e xustificou a súa abstención apelando ás investigacións abertas e á prudencia. Ao respecto, matizou que «non renuncia a nada», ao tempo que reafirmouse no seu compromiso de que se coñeza todo o acontecido.

Rematado o debate, os socialistas informaron do rexistro de solicitude dunha comisión especial para a análise do accidente ferroviario, así como para a elaboración de propostas para a mellora da seguridade ferroviaria en Galicia. O escrito – que entrou no rexistro do Parlamento preto do mediodía, subliña que  esta comisión «sería compatible con outras existentes e encargaríase de analizar as causas do tráxico accidente», facendo un «seguimento» para asegurar, en primeiro termo, unha axeitada atención ás vítimas e aos seus familiares e buscando unha clarificación das causas do accidente».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.